Logotipo

Novidades

(ver todas)

Presentación

Este proxecto analiza o papel das diferentes iniciativas editoriais que se desenvolveron na Galicia durante a etapa da ditadura franquista, así como a súa relevancia na recuperación e posta en valor da cultura galega durante esa etapa. Para isto, levouse a cabo a recompilación completa da produción editorial galega entre 1939-1975: editoriais, lugares de edición, temas (títulos, autores, xéneros...). A partir destes materiais pretendemos realizar a caracterización e a análise dos diferentes proxectos editoriais...Ler máis

O mundo editorial

O obxectivo fundamental deste proxecto de investigación é o estudo da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista, unha produción fortemente condicionada polo marco ideolóxico e, tamén, polas difíciles circunstancias socio-económicas derivadas da ditadura. A pesar destas limitacións, o labor editorial non foi testemuñal, pois xurdiron numerosos proxectos editoriais na Galiza entre 1939 e 1975, algúns duradoiros, outros fugaces. Existiron mecenas, diferentes propostas editoriais e comerciais,...Ler máis